hitita

< hebr ḥ ittī hitita ẖ attí
Plural: hititas
  1. adx Relativo ou pertencente aos hititas ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo hitita.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo indoeuropeo que chegou a Anatolia a comezos do II milenio a C e se estableceu ao S do país dos ẖattis aos que se impuxeron e  finalmente se fundiron con eles. Destacaron por introducir a exportación e o emprego do ferro, xunto coa agricultura, a artesanía e o comercio vinculado ao transporte en caravanas.
  4. s m LING Lingua anatolia da familia indoeuropea.