adxRelativo ou pertencente aos hititas ou á súa lingua.
sETN/HISTIndividuo do pobo hitita.
sm plETN/HISTPobo indoeuropeo que chegou a Anatolia a comezos do II milenio a C e se estableceu ao S do país dos ẖattis aos que se impuxeron e finalmente se fundiron con eles. Destacaron por introducir a exportación e o emprego do ferro, xunto coa agricultura, a artesanía e o comercio vinculado ao transporte en caravanas.