histrión

< lat histrĭōne
Plural: histrións
  1. s Actor, en especial o do teatro clásico.
  2. s Actor de teatro que interpreta ou xesticula de forma esaxerada para provocar a risa no espectador.
  3. s Persoa que se expresa de forma esaxerada e ridícula.