alza

< alzar
Plural: alzas
  1. s f
    1. Elemento que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.
    2. Anaco de sola para que o calzado resulte máis alto.
  2. s f Cuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.
  3. BÉL
    1. s f Regreta graduada das armas de fogo portátiles para precisar a puntaría na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario.
    2. alza telescópica Telescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntaría a máis longa distancia ca os aparatos normais.
  4. s f ECON Aumento do prezo dun ben económico.
  5. s f Peza que vai colocada debaixo da cheda do carro.
  6. s f GRÁF Folla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.
  7. interx Emprégase para que un animal levante as patas e poder ferralo.

Citas

  • Colocou unha alza e gañou moita altura
  • Cunha alza veranse mellor os obxectos que queres destacar