Elemento que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.
Anaco de sola para que o calzado resulte máis alto.
sfCuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.
BÉL
sfRegreta graduada das armas de fogo portátiles para precisar a puntaría na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario.
alza telescópicaTelescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntaría a máis longa distancia ca os aparatos normais.
sfECONAumento do prezo dun ben económico.
sfPeza que vai colocada debaixo da cheda do carro.
sfGRÁFFolla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.
interxEmprégase para que un animal levante as patas e poder ferralo.
Citas
Colocou unha alza e gañou moita altura
Cunha alza veranse mellor os obxectos que queres destacar