alzada

Plural: alzadas
  1. s f Acción e efecto de alzar.
  2. s f
    1. Altura que acadan certos animais, especialmente os equinos.
    2. Altura, especialmente dun home ou dunha besta.
  3. s f Lugar máis alto dun monte onde se leva o gando no verán a pastar.
  4. s f Táboa fixada de xeito horizontal nunha parede en que se colocan todo tipo de obxectos.
  5. s f
    1. Altura que acadan certos animais, especialmente os equinos.
    2. Altura, especialmente dun home ou dunha besta.
  6. s f Taboleiro situado nas cortes onde se deposita a comida do gando.

Palabras veciñas