sfBIOLAcción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.
función biolóxicaBIOLResultado da actividade dun órgano ou sistema.
función clorofílicaBIOQfotosíntese.
sfAcción propia ou característica dunha facultade natural.
función psíquicaPISCAcción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo, que constitúe un conxunto de operacións interdependentes.
sfAcción propia dunha máquina.
sfAcción que corresponde a unha persoa segundo o seu cargo, oficio, ou emprego.
función públicaFunción que compete aos organismos, ás autoridades, aos axentes e aos auxiliares do poder público.
función urbanaXEOGActividade ou conxunto de actividades que predominan nunha cidade en relación ao seu contorno (comercial, turística, administrativa).
sf
ESPECTCada unha das representacións dunha obra dramática dentro do espazo escénico.
ESPECTCalquera tipo de representación de circo, teatro ou variedades.
RELIXCerimonia relixiosa.
MAT
sfAplicación dun conxunto numérico noutro conxunto numérico, de xeito que a cada elemento dun conxunto lle corresponde un só valor do outro conxunto. Unha función entre dous conxuntos A e B represéntase mediante a notación: f:A→B.
función acoutadaFunción tal que o percorrido é un conxunto acoutado.
función alxébricaFunción que pode expresarse usando só as operacións de adición, subtracción, multiplicación, división e elevación a unha potencia racional.
función composta de dúas funciónsFunción g̥f:E→G definida pola composición de dúas funcións dadas, f:E→F e g:F→G, que satisfai a asignación (g̥f)(x)=g(f(x)). OBS: Tamén se denomina funcióndefunción.
función constanteFunción f:E→F tal que existe un a?F para o que f(x)=a para todo x?E.
función continuaFunción que posúe a propiedade da continuidade. Unha función f:D0O→O é continua nun punto a?D se para todo ε>0 existe un δ(a,ε)>0 tal que se |x-a|<δ entón |f(x)-f(a)|<ε.
función crecenteFunción f(x) tal que x≤yf(x)≤f(y).
función decrecenteFunción f(x) tal que x≤yf(x)≥f(y).
función explícitaFunción y=f(x) que permite obter o valor de y facendo sobre x as operacións explicitadas por f, en oposición á función implícita.
función imparFunción f(x) que cumpre f(-x)=-f(x).
función implícitaDada unha función f: O 2 →O, función f:O→O que asigna a un x?O o valor (ou valores) y que cumpre f(x,y)=0, en caso de que existise.
función monótonaFunción sempre crecente ou sempre decrecente.
función parFunción f(x) que cumpre f(-x)=f(x).
función periódicaFunción f:D0O→O tal que existe un número T?O-{0} que cumpre que x+T?D e f(x+T)=f(x) para todo x?D.
función primitiva dunha funciónDada unha función f(x), función F(x) tal que F’(x)=f(x) (onde F’(x) é a derivada de f(x)).
función realFunción que ten O ou unha parte de O como percorrido. OBS: Tamén se denomina funcióndevaloresreais.
función simétricaFunción de diversas variables que ten un valor invariable para calquera permutación das variables.
función transcendenteFunción que non é alxébrica.
LING
función da linguaxeFinalidade para a que se usa a linguaxe. A partir de Karl Bühler designou as finalidades coas que é susceptible de usarse a linguaxe na súa función comunicativa. Segundo este autor, estas funcións ou dimensións de uso son a funciónexpresiva, que informa sobre o estado anímico do falante, a funciónapelativa, que actúa sobre a atención do oínte, e a funciónrepresentativa, mediante a que se dá algunha explicación. Roman Jakobson distinguiu, ademais, a funciónfáctica, indicadora dun mantemento da comunicación, a funciónmetalingüística, mediante a que se fala sobre o código lingüístico, e a funciónpoética, que se centra na forma da mensaxe comunicada.
función fónicaFin para o que pode servir un elemento ou particularidade fónica nun sistema lingüístico.
función sintácticaRelación, identificada mediante un rol ou oficio, que mantén unha parte dunha construción sintáctica con outras partes da mesma construción ou coa construción no seu conxunto.
FILOS
sfForma de captar unha realidade composta por relacións.
sfRelación dun con outro ou con moitos outros.
función proposicionalExpresión lóxica indeterminada que pode converterse nunha proposición determinada se as súas variables son substituídas por termos determinados.
sfSOCIOLContribución que un elemento da civilización achega á perpetuación dunha configuración sociocultural determinada.
sfQUÍMConxunto de propiedades características dunha familia de compostos que conteñen na molécula un mesmo grupo funcional.
función de estadoQUÍMPropiedade dun sistema que só depende do seu estado, definido polo volume, a presión e a temperatura, e que non depende da traxectoria seguida na transformación realizada para chegar a ese estado.
función lóxicaTECNOLFunción que se basea nas operacións da álxebra lóxica ou de Boole, que se efectúa con elementos ou circuítos lóxicos, xeralmente de tipo electrónico ou fluídico.