funcionalismo

< funcional
Plural: funcionalismos
  1. s m Condición de funcional.
  2. s m ARTE Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador.
  3. s m LING Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios.
  4. s m FILOS Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada polas relacións causais deste.
  5. s m SOCIOL Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons que considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable onde as estruturas sociais posúen un carácter funcional.