función

< lat functĭōne
Pliral: funcións
    1. s f BIOL Acción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.
    2. función biolóxica BIOL Resultado da actividade dun órgano ou sistema.
    3. función clorofílica BIOQ fotosíntese.
    1. s f Acción propia ou característica dunha facultade natural.
    2. función psíquica PISC Acción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo, que constitúe un conxunto de operacións interdependentes.
  1. s f Acción propia dunha máquina.
    1. s f Acción que corresponde a unha persoa segundo o seu cargo, oficio, ou emprego.
    2. función pública Función que compete aos organismos, ás autoridades, aos axentes e aos auxiliares do poder público.
    3. función urbana XEOG Actividade ou conxunto de actividades que predominan nunha cidade en relación ao seu contorno (comercial, turística, administrativa).
  2. s f
    1. ESPECT Cada unha das representacións dunha obra dramática dentro do espazo escénico.
    2. ESPECT Calquera tipo de representación de circo, teatro ou variedades.
    3. RELIX Cerimonia relixiosa.
  3. MAT
    1. s f Aplicación dun conxunto numérico noutro conxunto numérico, de xeito que a cada elemento dun conxunto lle corresponde un só valor do outro conxunto. Unha función entre dous conxuntos A e B represéntase mediante a notación: f:AB.
    2. función acoutada Función tal que o percorrido é un conxunto acoutado.
    3. función alxébrica Función que pode expresarse usando só as operacións de adición, subtracción, multiplicación, división e elevación a unha potencia racional.
    4. función composta de dúas funcións Función g̥f:EG definida pola composición de dúas funcións dadas, f:EF e g:FG, que satisfai a asignación (g̥f)(x)= g(f(x)). OBS: Tamén se denomina función de función.
    5. función constante Función f:EF tal que existe un a?F para o que f(x)=a para todo x?E.
    6. función continua Función que posúe a propiedade da continuidade. Unha función f:D0O→O é continua nun punto a?D se para todo ε>0 existe un δ(a,ε)>0 tal que se |x-a|<δ entón |f(x)-f(a)|<ε.
    7. función crecente Función f(x) tal que x≤y f(x)≤f(y).
    8. función decrecente Función f(x) tal que x≤y f(x)≥f(y).
    9. función explícita Función y=f(x) que permite obter o valor de y facendo sobre x as operacións explicitadas por f, en oposición á función implícita.
    10. función impar Función f(x) que cumpre f(-x)=-f(x).
    11. función implícita Dada unha función f: O 2 →O, función f:O→O que asigna a un x?O o valor (ou valores) y que cumpre f(x,y)=0, en caso de que existise.
    12. función monótona Función sempre crecente ou sempre decrecente.
    13. función par Función f(x) que cumpre f(-x)=f(x).
    14. función periódica Función f:D0O→O tal que existe un número T?O-{0} que cumpre que x+T?D e f(x+T)=f(x) para todo x?D.
    15. función primitiva dunha función Dada unha función f(x), función F(x) tal que F’(x)=f(x) (onde F’(x) é a derivada de f(x)).
    16. función real Función que ten O ou unha parte de O como percorrido. OBS: Tamén se denomina función de valores reais.
    17. función simétrica Función de diversas variables que ten un valor invariable para calquera permutación das variables.
    18. función transcendente Función que non é alxébrica.
  4. LING
    1. función da linguaxe Finalidade para a que se usa a linguaxe. A partir de Karl Bühler designou as finalidades coas que é susceptible de usarse a linguaxe na súa función comunicativa. Segundo este autor, estas funcións ou dimensións de uso son a función expresiva, que informa sobre o estado anímico do falante, a función apelativa, que actúa sobre a atención do oínte, e a función representativa, mediante a que se dá algunha explicación. Roman Jakobson distinguiu, ademais, a función fáctica, indicadora dun mantemento da comunicación, a función metalingüística, mediante a que se fala sobre o código lingüístico, e a función poética, que se centra na forma da mensaxe comunicada.
    2. función fónica Fin para o que pode servir un elemento ou particularidade fónica nun sistema lingüístico.
    3. función sintáctica Relación, identificada mediante un rol ou oficio, que mantén unha parte dunha construción sintáctica con outras partes da mesma construción ou coa construción no seu conxunto.
  5. FILOS
    1. s f Forma de captar unha realidade composta por relacións.
    2. s f Relación dun con outro ou con moitos outros.
    3. función proposicional Expresión lóxica indeterminada que pode converterse nunha proposición determinada se as súas variables son substituídas por termos determinados.
  6. s f SOCIOL Contribución que un elemento da civilización achega á perpetuación dunha configuración sociocultural determinada.
  7. s f QUÍM Conxunto de propiedades características dunha familia de compostos que conteñen na molécula un mesmo grupo funcional.
  8. función de estado QUÍM Propiedade dun sistema que só depende do seu estado, definido polo volume, a presión e a temperatura, e que non depende da traxectoria seguida na transformación realizada para chegar a ese estado.
  9. función lóxica TECNOL Función que se basea nas operacións da álxebra lóxica ou de Boole, que se efectúa con elementos ou circuítos lóxicos, xeralmente de tipo electrónico ou fluídico.

Citas

  • A función da intelixencia
  • Mobiliario funcional, Arquitectura funcional
  • Non cumpría coas funcións do seu posto