fragata

< ital fregata
Plural: fragatas
  1. MAR
    1. s f Buque de vela de tres ou máis paus machos con mastros e velas de cruz en todos eles.
    2. fragata de vapor Buque que no s XIX, ademais de aparello de fragata, tiña unha hélice.
  2. s f ANIMAL/ORNIT Ave mariña do xénero Fregata, da familia dos fregátidos, que presenta ás moi longas e estreitas, cola longa con forma de forquita, peteiro fino, longo e ganchudo e plumaxe negra co peito branco nas femias e gorxa vermella nos machos.