sfCada unha das diferentes realizacións coas que se pode presentar algo.
s
Cada unha das diferentes posibilidades de ser, actuar ou facer algo.
plManeira de comportarse segundo as convencións sociais.
sfCondición física ou mental dunha persoa, especialmente cando é favorable.
sf
TECNOLMolde cunha figura e dimensións determinadas en que se introduce unha materia que adquire o seu aspecto e tamaño.
Peza de madeira, con forma de pé, para fabricar e reparar o calzado.
GRÁFMolde que está disposto para facer a tiraxe.
DER
sfRequisito externo do acto xurídico.
sfConxunto de cuestións procesuais, en contraposición ao fondo dun preito ou causa.
forma de EstadoTipo de relacións xerais que existen entre os órganos superiores do Estado e os cidadáns, aínda que se exclúen as laborais, persoais, financeiras e tributarias.
forma de gobernoSistema que regula xuridicamente a composición, organización, funcionamento e funcións dos órganos superiores do Estado e as súas relacións.
sfFILOSConstitución visible dun corpo.
LING
sfSistema de regras con que a lingua organiza a substancia lingüística, á que se opón como tal.
forma da expresiónCada unha das formas que recibe un son nas diversas linguas.
forma do contidoOrde gramatical característica de cada lingua en que se presenta un significado.
forma fonéticaCombinación de fonemas, susceptible de ser pronunciada e cun significado determinado.
forma gramaticalForma táctica dotada de significado.
forma intensivaForma que reforza o significado dunha palabra.
forma libreForma lingüística que se pode pronunciar sen estar unida a outra forma.
forma lingüísticaForma fonética dotada de significación.
forma trabadaForma lingüística que só se pode pronunciar se está unida a outra forma.
RELIX
sfConxunto de palabras que se deben pronunciar para validar un sacramento.
sagrada formaHostia para consagrar que se emprega no sacramento da eucaristía.
sfBIOLConxunto de individuos dunha mesma especie que presentan unha serie de características comúns entre eles e distintas das do resto de individuos da mesma especie.
sfMATAplicación f dun espazo vectorial E de n dimensións no corpo K de escalares onde está definido e que xeralmente é o corpo dos números reais ou dos números complexos. Dise que f é unha forma lineal se, para x e y de E e λ de K, f satisfai f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)=λf(x).
sfPSICConxunto significativo das relacións entre os estímulos e as respostas.
factor de formaFÍSRelación que se establece entre o valor eficaz e o valor medio dunha corrente alterna.
forma biolóxica/ecolóxicaBOT/ECOLGrupo de plantas con características morfolóxicas comúns para adaptarse ao medio.
forma farmacéuticaMEDariedade en que se presenta un medicamento para que o enfermo teña máis fácil a súa administración.
forma fundamentalQUÍMForma cristalina dun sistema da que derivan todas as formas simples posibles.
forma musicalMÚSModo en que está organizada unha idea musical a través dun sistema que permite comprender a obra na súa totalidade.
recoñecemento das formasINFORMConxunto de técnicas orientadas a identificar contornos, formas ou configuracións utilizando dispositivos que permiten organizar a información recibida a través da busca, selección e comparación con outras formas.