modo

< lat modu
Plural: modos
    1. s m Maneira de ser variable dun ser.
    2. s m FILOS Determinación entitativa falta de consistencia nela mesma e polo tanto dependente sempre doutra entidade. A súa realidade ontolóxica é sempre menor ca a dos accidentes e poden ser substanciais, accidentais ou de inherencia.
    3. modo de ser Cada un dos atributos trascendentais do ser, como a bondade, a unidade, a verdade e, para algúns, a beleza.
  1. s m LING Modalidade da conxugación verbal que se axeita á maneira en que o falante concibe a acción e que se expresa mediante morfemas.
  2. s m pl Xeito de comportarse unha persoa con respecto aos demais.
  3. DER
    1. s m Encargo unido a unha doazón ou a un legado que obriga ao adquirinte.
    2. modo de adquisición Feito xurídico polo que unha persoa adquire o dominio ou outro dereito real sobre unha cousa.
  4. s m MAT Disposición das premisas nun siloxismo categórico, segundo a súa cantidade (universal ou particular) e calidade (afirmativa ou negativa).
  5. s m FÍS Onda estacionaria en que pode vibrar unha corda tensa, unha membrana ou unha columna de aire.
  6. modo de produción ECON Concepto teórico elaborado pola análise das formacións sociais concretas que se considera como unha combinación de relacións de produción e forzas produtivas, estruturada pola dominación das relacións de produción.
  7. modo de vida Forma de vida que caracteriza a un grupo de persoas.

Citas

  • A súa filla sempre tivo moi bos modos

Palabras veciñas