formación

< lat formatĭōne
Plural: formacións
  1. s f Acción e efecto de formar ou formarse.
  2. s f Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.
  3. EDUC
    1. s f Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.
    2. formación profesional Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico.
  4. s f ESTRATIG Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada.
  5. s f BOT/XEOL exetación que vén definida pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado.
  6. enerxía de formación QUÍM enerxía de enlace.

Confrontacións

Palabras veciñas