aloumiño

< lat laudare ‘alabar’
Plural: aloumiños
  1. s m Acción de aloumiñar.
  2. s m Caricia ou aceno cariñoso que se lle fai a alguén co propósito de contentalo ou facelo feliz.
  3. s m pl Xestos cos que os namorados manifestan o seu amor.
  4. s m Arrolo, canto suave e doce para adurmiñar os nenos.
  5. s m Canto co que se cortexan as pombas e as rulas.

Citas

  • Cantámoslle un fermoso aloumiño para que durmise
  • Con tantos aloumiños, convence a todo o mundo axiña
  • Estaban sentados no banco con constantes aloumiños
  • Non hai aloumiño para o que non sexa bo
  • Os aloumiños dos paxaros espertáronnos cedo