cariño

Plural: cariños
  1. s m Sentimento de afecto, tenrura ou simpatía que se sente por alguén ou por algo.
  2. s m Afecto que se sente cara a algunha cousa á que se está afeito.
  3. s m Manifestación de afecto que se fai cara a unha persoa ou un animal con palabras ou feitos.
  4. s m Coidado ou esmero con que se fai ou se trata algo.

Sinónimos

Citas

  • Á nena cústalle durmir fóra da casa porque lle ten cariño ao seu cuarto
  • Empréstoche o coche pero trátamo con cariño que me fai moita falla, Para ser bo cociñeiro hai que facer as comidas con cariño
  • O meu noivo é moi mecoso e sempre anda a facerme cariños
  • Sinto moito cariño polo meu irmán e por esta buxaina que me regalou

Refráns

  • Home sen agarimo, paxaro sen niño.
  • O can e o meniño, onde atopan cariño.