aloxamento

< aloxar
Plural: aloxamentos
  1. s m Acción e efecto de aloxar ou aloxarse.
  2. s m Lugar onde un está aloxado.
  3. s m HIST Pousada que a poboación civil estaba obrigada a proporcionar aos soldados en tempo de guerra.
  4. s m TECNOL
    1. Parte do soporte onde encaixa o anel exterior das chumaceiras de rodamento.
    2. Cavidade practicada nunha peza susceptible de aloxar total ou parcialmente outra peza.

Sinónimos

Citas

  • Conseguimos un aloxamento bo en Vigo
  • O aloxamento dos visitantes corre a cargo do concello