fisura

< lat fissūra
Plural: fisuras
  1. s f
    1. Abertura estreita que se produce nun corpo sólido.
    2. XEOL Fenda nunha masa rochosa, xeralmente compacta (granítica, basáltica, calcaria) orixinada por compresión, desecación ou arrefriamento.
  2. s f ANAT Suco máis ou menos profundo e sinuoso situado na superficie dalgunhas vísceras.
  3. MED
    1. s f Fendedura nun tecido ou nun óso.
    2. fisura anal Úlcera lineal superficial no ano.
    3. fisura auricular Suco que presentan os ósos temporais e que acolle a rama auricular do nervio vago.
    4. fisura conxénita Trastorno que ten lugar durante o desenvolvemento embrionario que implica a ausencia de soldadura dos elementos que constitúen un órgano ou unha estrutura.
    5. fisura ósea Fractura incompleta dun óso.

Citas

  • A humidade entraba polas fisuras da parede
  • As fisuras provocadas pola catástrofe ocasionaron a crise económica e política da rexión