fístula

< lat fistŭla
Plural: fístulas
  1. PAT
    1. s f Traxecto anormal, conxénito ou adquirido, a través do que pasa un líquido fisiolóxico ou patolóxico que impide a cicatrización.
    2. fístula anal Fístula do extremo inferior do recto ou das súas proximidades.
    3. fístula arteriovenosa Comunicación patolóxica entre unha arteria e unha vea.
    4. fístula estercoraria Fístula que comunica os intestinos coa pel do abdome e pola que xorde materia fecal.
    5. fístula pulmonar Comunicación do parénquima pulmonar cos bronquios, a pleura e o exterior.
    6. fístula umbilical Fístula que aparece no embigo.
  2. s f Instrumento musical semellante á frauta.