Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
fame
Escoitar
< lat v *famĭne
Plural:
fames
s
f
FISIOL
Desexo moi intenso de comer, a miúdo ligado a unha sensación de baleiro ou de contracción do estómago.
fame dolorosa
PAT
Dor no epigastrio que se presenta cando o estómago está baleiro. É característico da úlcera duodenal.
fame oculta
MED
Necesidade fisiolóxica dos hipoalimentados, que non ten tradución sensorial.
s
f
Escaseza de alimentos.
fame negra
HIST
Escaseza grave e xeneralizada de alimentos.
s
f
Desexo intenso de cousas non materiais.
Citas
A fame asolou a vila na década dos vinte
A súa fame de victorias fixo que chegase a este novo equipo
Frases feitas
Apagar/Matar a fame.
Saciar as ganas de comer.
2
Ser moi pobre.
Fame negra/canina/de can.
Moita fame.
Matar coa/de fame.
Dar pouco de comer.
Morrer/Rabear coa/de fame.
Ter moita fame.
Ou e fame ou sono ou defecto do dono.
Expresi
Ser un morto de fame 1
Apl
Ter a fame laceira.
Estar moi fraco.
Refráns
A alforxa do pobre con todo pode.
A boa fame non hai pan duro.
A boa fame non hai pan resésigo/reseso.
A fame desperta o inxenio.
A fame, en comendo, pasa.
A malas ceas e a malos almorzos, encóllense as tripas e alárganse os pescozos.
A pan de quince días, fame de tres semanas.
Adoece, can, porque non che dan pan.
Ben xexúa o que mal come.
Cabra morta de fame non a viu "naide".
Cando a fame pica, sabe ben a bica.
Cando a necesidade é moita, sabe ben a boroa.
Cando a raposa anda aos grilos, mal para a raposa e peor para os seus fillos.
Cando como, non coñezo; cando acabo de comer, comezo a coñecer.
Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto.
Con malas ceas e malos almorzos encóllense as tripas e alónganse os pescozos.
Con malas ceas e ruíns xantares crecen os ósos e minguan as carnes.
De fame non morre ninguén; de moito comer, máis de ceno
Fame e espera desespera.
Fame e esperar fai reloucar.
Fame e frío entregan o home ao seu inimigo.
Fame longa non é reparona.
Fame que agarda fartura non é fame.
Fame que espera fartura pouco dura.
Fame, sede e frío meten o home no presidio.
Fame, sede, miseria e frío meten o home na casa do seu inimigo.
Gando fraco todo é carrachas.
Inventa máis un famento que cen avogados.
Lobo famento non ten asento.
Máis vale fame con pan que fame sen pan.
Mal que cura comendo, ben o entendo.
Mala é a fame, cando non ten qué comer.
Na barriga baleira todo é laceira.
Na casa onde non hai fariña nin relón, todos rifan e todos teñen razón.
Na ruín terra antes vén a fame cá cereixa.
Non sabe o que é comer, o que non come.
O ano famento sempre é longo e estreito.
O burro do xitano, en vendo o pan, alonga o paso.
O can baila polo pan.
O famento nunca anda contento.
O famento, por mesquiño, sempre anda descontento.
O lobo famento non pode estar contento.
O mal do miñato: as ás crebadas e o bico sano.
O que ten fame e non come, é porque non pode.
Pan balorento alegra ao famento.
Pan, viño e carne quitan a fame.
Para a gana de comer non hai mal pan.
Para a gana de comer non hai pan duro.
Para a gana de comer non hai pan resésigo.
Para a moita fame non hai pan podre.
Para a moita fame non hai pan resésigo.
Vale máis pouco pan duro que fame de nove días.
Palabras veciñas
falucho
falueiro -ra
fama
fame
famélico -ca
famento -ta
familia