Unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.
Conxunto de persoas descendentes dunha mesma liñaxe.
sfConxunto dos fillos dunha parella.
sf p extConxunto de cousas que teñen unha orixe e características comúns que fan que se perciban como parte dun grupo.
MAT
sfConxunto de curvas ou superficies que teñen a mesma ecuación diferencial.
familia de conxuntosColección de conxuntos que teñen unha característica común.
sfBIOLCategoría taxonómica situada entre o xénero e a orde que comprende un conxunto de xéneros relacionados filoxeneticamente.
familia de ciclónsMETEORSecuencia de ciclóns, que se produce na fronte polar entre dúas invasións de aire nas baixas latitudes.
familia léxica/de palabrasLINGConxunto de palabras que comparten un núcleo de significado léxico común, manifestado a través dunha mesma raíz.
familia lingüísticaLINGConxunto de linguas que comparten unha orixe común e que se agrupan baixo un mesmo phylum (macrofamilia).
familia matrimonialDERFamilia constituída a partir do matrimonio contraído segundo as disposicións legais.
familia relixiosaRELIXConxunto dos membros dunha comunidade, orde ou congregación.
familia xénicaXENConxunto de xenes que teñen localización cromosómica distinta, pero que son idénticos ou moi semellantes en canto á súa secuencia de bases, e que proveñen da duplicación dun xene ancestral.
Citas
A gran familia do circo chegou á cidade con todos os animais
É dunha familia nobre
Levan cinco anos casados e aínda non teñen familia
Frases feitas
En familia. Con xente de confianza.
Refráns
Alá me leve Deus, ande ache dos meus.
Ó parente, axudalo.
O que dos seus desespera, dos alleos mal lle veña.
Quen aos seus non agarima, a ninguén agarimo pida.