factor -ra

< lat factōre
Plural: factores Masculino: factor Masculino plural: factores Feminino: factora Feminino plural: factoras
    1. s Persoa que fai algo.
    2. s DER Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.
    3. s TRANSP Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.
    4. s m BÉL Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.
    5. s m HIST Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á Coroa.
  1. s m Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.
  2. FISIOL
    1. s m Substancia que ten unha acción fisiolóxica específica.
    2. factor de coagulación Elemento proteico contido no sangue dun xeito natural e que ten un papel decisivo na coagulación deste.
    3. factor hepático Factor extrínseco imprescindible para a maduración dos eritroblastos.
    4. factor plaquetario Complexo bioquímico contido nas plaquetas sanguíneas e que ten unha intervención activa na coagulación.
    5. factor reumatoide Anticorpo presente no soro dos enfermos de artrite reumatoide que reacciona cun antíxeno derivado da gammaglobulina.
  3. s m MAT ariable causal que inflúe ou pode influír sobre un resultado medible.
  4. s m MAT Número que expresa o cociente de dúas magnitudes da mesma especie, polo que é adimensional.
  5. MAT
    1. s m Cada unha das cantidades ou polinomios que, multiplicados entre si, forman un produto.
    2. factor común Número ou polinomio que é divisor de dous ou máis números ou polinomios, respectivamente.
    3. factor integrante Función M(x,y) que permite a integración dunha ecuación diferencial, por medio da transformación desta en diferencial exacta.
    4. factor primo Número natural que non ten ningún divisor natural ademais del mesmo e da unidade.
  6. factor climático CLIMAT Cada un dos feitos que determinan o clima dun lugar concreto, como a latitude, a altitude, o afastamento do mar ou continentalidade e o relevo, así como as correntes mariñas, as augas continentais, os solos, a vexetación e a acción antrópica.
  7. factor de apantallamento FÍS Diferenza entre a carga nuclear real e a carga nuclear efectiva sobre un electrón externo, debida ao efecto de apantallamento dos electróns situados nas capas internas sobre a carga nuclear. OBS: Tamén se denomina constante de apantallamento.
  8. factor de competencia BIOQ Proteína de pequeno peso molecular producida por algunhas bacterias, que se excreta ao medio extracelular e que permite que a bacteria poida captar ADN esóxeno no proceso de transformación bacteriana.
  9. factor de potencia FÍS Cociente entre a potencia activa e a potencia aparente dunha corrente alterna.
  10. factor de produción ECON Recurso utilizado na produción de bens e servizos.
  11. factor gravimétrico/químico QUÍM Proporción en peso que hai dun elemento dentro dun composto químico.
  12. factor limitante ECOL Factor ambiental que limita o desenvolvemento dun organismo ou dunha poboación cando non está dispoñible.

Confrontacións

Citas

  • A educación é un factor moi importante na construcción da personalidade