factorial

< factor
Plural: factoriais
  1. adx Relativo ou pertencente ao factor.
  2. s f MAT Produto dos números naturais consecutivos, desde o 1 ata o número do que se calcula a factorial (n). Represéntase mediante o símbolo ! (n!).
  3. análise factorial MAT Técnica estatística que trata de describir e explicar as relacións entre unhas variables aleatorias directamente observables e outras latentes tamén aleatorias, denominadas factores, e que poden ser a causa das primeiras. OBS: Tamén se denomina deseño experimental.