sDERPersoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.
sTRANSPPersoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.
smBÉLDependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.
smHISTOficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á Coroa.
smCada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.
FISIOL
smSubstancia que ten unha acción fisiolóxica específica.
factor de coagulaciónElemento proteico contido no sangue dun xeito natural e que ten un papel decisivo na coagulación deste.
factor hepáticoFactor extrínseco imprescindible para a maduración dos eritroblastos.
factor plaquetarioComplexo bioquímico contido nas plaquetas sanguíneas e que ten unha intervención activa na coagulación.
factor reumatoideAnticorpo presente no soro dos enfermos de artrite reumatoide que reacciona cun antíxeno derivado da gammaglobulina.
smMATariable causal que inflúe ou pode influír sobre un resultado medible.
smMATNúmero que expresa o cociente de dúas magnitudes da mesma especie, polo que é adimensional.
MAT
smCada unha das cantidades ou polinomios que, multiplicados entre si, forman un produto.
factor comúnNúmero ou polinomio que é divisor de dous ou máis números ou polinomios, respectivamente.
factor integranteFunción M(x,y) que permite a integración dunha ecuación diferencial, por medio da transformación desta en diferencial exacta.
factor primoNúmero natural que non ten ningún divisor natural ademais del mesmo e da unidade.
factor climáticoCLIMATCada un dos feitos que determinan o clima dun lugar concreto, como a latitude, a altitude, o afastamento do mar ou continentalidade e o relevo, así como as correntes mariñas, as augas continentais, os solos, a vexetación e a acción antrópica.
factor de apantallamentoFÍSDiferenza entre a carga nuclear real e a carga nuclear efectiva sobre un electrón externo, debida ao efecto de apantallamento dos electróns situados nas capas internas sobre a carga nuclear. OBS: Tamén se denomina constantedeapantallamento.
factor de competenciaBIOQProteína de pequeno peso molecular producida por algunhas bacterias, que se excreta ao medio extracelular e que permite que a bacteria poida captar ADN esóxeno no proceso de transformación bacteriana.
factor de potenciaFÍSCociente entre a potencia activa e a potencia aparente dunha corrente alterna.
factor de produciónECONRecurso utilizado na produción de bens e servizos.
factor gravimétrico/químicoQUÍMProporción en peso que hai dun elemento dentro dun composto químico.
factor limitanteECOLFactor ambiental que limita o desenvolvemento dun organismo ou dunha poboación cando non está dispoñible.