estratificación

< estratificar
Plural: estratificacións
  1. s f XEOL Deposición dun estrato ou capa detrás doutro estrato en superficies planas ou lixeiramente inclinadas.
  2. s f Operación de dispoñer en capas sementes de plantas arbóreas e area ou terra fina, para acadar unha mellor conservación e evitar a súa alteración ou a xerminación prematura.
  3. s f ECOL Disposición dunha biocenose en estratos.
  4. s f LING Subdisciplina lingüística que ten como obxectivo establecer correlacións entre variables lingüísticas e sociais, isto é, adscribir as diferenzas de expresión a distintos grupos sociais.
  5. estratificación social SOCIOL División da sociedade en capas, clases ou grupos que se consideran mutuamente relacionados e xerarquizados dos máis baixos aos máis altos.