estratego

< gr στρατηγός
Plural: estrategos
  1. s m HIST
    1. Xefe do exército en diversos estados gregos da Antigüidade.
    2. Membro do colexio de dez persoas que se encargaron dos asuntos militares en Atenas desde a época de Clístenes (501 a C-500 a C).
    3. Xefe supremo dunha circunscrición ou tema que, no Imperio Bizantino, exercía as funcións de xeneral en xefe, xuíz supremo e xefe da administración do seu territorio.
  2. s Persoa versada en estratexia.