sfXEOLDeposición dun estrato ou capa detrás doutro estrato en superficies planas ou lixeiramente inclinadas.
sfOperación de dispoñer en capas sementes de plantas arbóreas e area ou terra fina, para acadar unha mellor conservación e evitar a súa alteración ou a xerminación prematura.
sfECOLDisposición dunha biocenose en estratos.
sfLINGSubdisciplina lingüística que ten como obxectivo establecer correlacións entre variables lingüísticas e sociais, isto é, adscribir as diferenzas de expresión a distintos grupos sociais.
estratificación socialSOCIOLDivisión da sociedade en capas, clases ou grupos que se consideran mutuamente relacionados e xerarquizados dos máis baixos aos máis altos.