escenario

< lat scaenarĭu ‘lugar da escena’
Plural: escenarios
  1. s m ESPECT
    1. Parte do teatro construída convenientemente para que se poidan colocar os decorados e aparentar o lugar da acción dramática.
    2. Lugar en que ten lugar a acción dunha película.
  2. s m p ext Lugar en que ocorre un feito.

Sinónimos

Citas

  • O escenario da batalla presentaba un aspecto desolador
  • Os actores colocáronse no escenario para filmar a secuencia