sfMATCurva pechada que resulta da intersección dunha superficie cónica cun plano que non é paralelo a ningunha xeratriz nin ao eixe daquela.
sfLINGSupresión dalgún elemento lingüístico que debería estar presente desde a perspectiva gramatical e lóxica, pero que se pode deducir con facilidade do contexto.
sfLITTécnica temporalizadora que se emprega na narrativa, e tamén no teatro ou na poesía de compoñente narrativo, que consiste en suprimir algunhas partes da historia ou sucesión cronolóxica dos feitos de xeito que o tempo do relato ou modo en que se contan tales feitos sexa menor ca o da historia.