smMATSuperficie de segundo grao ou cuádrica con centro que ten por ecuación (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )+(z 2 /c 2 )=1 se os eixes de coordenadas son os propios da cuádrica.
elipsoide de deformaciónXEOLFigura sólida onde todas as seccións planas son elipses ou círculos, que se emprega para representar os valores de deformación dun material.
elipsoide internacionalXEOGForma matemática do elipsoide adoptada polo convenio internacional referente ao achatamento da Terra, que se emprega como referencia en cartografía.
elipsoide terrestreXEOGElipsoide aplanado que ten o eixe menor paralelo ao eixe da Terra, e que se emprega en xeodesia para aproximar matematicamente a forma do xeoide.