elipse

< lat ellipsis gr ἕ λλειψις ‘falta’
Pliral: elipses
  1. s f MAT Curva pechada que resulta da intersección dunha superficie cónica cun plano que non é paralelo a ningunha xeratriz nin ao eixe daquela.
  2. s f LING Supresión dalgún elemento lingüístico que debería estar presente desde a perspectiva gramatical e lóxica, pero que se pode deducir con facilidade do contexto.
  3. s f LIT Técnica temporalizadora que se emprega na narrativa, e tamén no teatro ou na poesía de compoñente narrativo, que consiste en suprimir algunhas partes da historia ou sucesión cronolóxica dos feitos de xeito que o tempo do relato ou modo en que se contan tales feitos sexa menor ca o da historia.