elástico -ca

< lat elastĭcu ‘dúctil’
Plural: elásticos Masculino: elástico Masculino plural: elásticos Feminino: elástica Feminino plural: elásticas
  1. adx Que se pode estirar e que recupera a súa forma orixinal cando deixa de actuar sobre el a forza que o deformaba.
  2. adx Que se adapta con facilidade a distintas situacións ou circunstancias.
  3. s m
    1. Tecido que ten elasticidade pola súa estrutura ou polas materias que o forman.
    2. Parte dunha peza de roupa que se adapta ou axusta ao corpo.

Sinónimos

Citas

  • O tema do debate de hoxe é moi elástico e admite moitas e diferentes interpretacións
  • Os elásticos dos calcetíns moléstanme nos nocellos
  • Os pantalóns que máis me gustan son os que teñen elástico
  • Podes usar goma elástica para amañar esa saia que che queda frouxa
  • Rompeume o elástico das gafas de natación
  • Ten unha actitude tan elástica que non temos problemas de convivencia