elasticidade

< elastico
Plural: elasticidades
  1. s f Calidade de elástico.
  2. FÍS
    1. s f Propiedade dos materiais que se manifesta pola desaparición das deformacións producidas por forzas exteriores de intensidade inferior a un certo límite, ao deixar de actuar sobre eles estas forzas.
    2. teoría da elasticidade Rama da física que estuda a relación entre as forzas que actúan sobre un corpo e a deformación que lle producen.
  3. s f ECON Índice que mide a variación que experimenta unha variable fronte aos cambios doutra.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A pel perde elasticidade cos anos, Fixaron a data da xuntanza pero con certa elasticidade