goma

< lat v *gŭmma, de cummi gr κόμμι
Plural: gomas
  1. QUÍM
    1. s f Substancia de alto peso molecular que ten a propiedade de inflarse en contacto coa auga e de formar masas xelatinosas ou solucións coloidais viscosas. Emprégase como produto de base para ungüentos, cremas e dentífricos e como aditivo alimentario texturizado (espesante e estabilizante).
    2. goma laca Substancia resinosa de cor vermella, procedente dalgunhas árbores da India. En disolución co alcohol emprégase como verniz de mobles e da madeira en xeral.
    3. goma resina gomarresina.
  2. s f QUÍM caucho.
    1. s f p ext Obxecto fabricado con caucho ou calquera outro material elástico.
    2. s f Substancia feita a base de caucho que se emprega para borrar. OBS: Tamén se denomina  goma de borrar.
    3. s f col Funda fina e elástica q cubre o pene durante o coito para evitar a fecundación e a transmisión de determinadad enfermidades.
    4. goma de mascar Lambetada formada por unha base mastigatoria plástica que está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras,  e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes.
  3. s f XOGO Xogo de nenos que consiste en saltar sobre unha tira elástica, sostida por dous xogadores facendo figuras cos pés mentres a sosteñen.
  4. s f BOT Exsudación das árbores, xeralmente de orixe patolóxica.
  5. s f PAT Produción mórbida en forma de tumefacción limitada.

Formas incorrectas

chicle