efervescente

< lat effervescente ‘que empeza a ferver’, p p de effervescēre
Plural: efervescentes
  1. adx
    1. Que está en efervescencia.
    2. Que contén anhídrido carbónico na súa masa. Tm s m, referido a bebida.
  2. adx
    1. Que produce efervescencia.
    2. MED Aplícase ao medicamento que, ao estar en contacto coa auga, produce efervescencia.
  3. adx Que produce ou se encontra nun estado de grande excitación ou exaltación.

Citas

  • Unha multitude efervescente saíu á rúa

Palabras veciñas