eficacia

< lat efficacĭa
Plural: eficacias
  1. s f Calidade de eficaz.
  2. eficacia biolóxica XEN Grao de adaptación dun organismo ao medio onde vive, adquirido ao longo da súa evolución.
  3. eficacia biolóxica relativa BIOL Relación entre a dose dunha radiación de referencia e a dose da radiación considerada, que produce o mesmo efecto biolóxico.
  4. eficacia luminosa FÍS Cociente, nunha radiación, entre o fluxo luminoso e o fluxo enerxético radiante. A unidade no SI é o lumen por watt (lm/W).

Citas

  • A eficacia do medicamento está demostrada, A súa eficacia deixounos abraiados

Refráns

  • Chegar e bicar é moito alcanzar.
  • Dando na cabeza dáse en todo o corpo.
  • Golpe dado non se quita.
  • Máis fai o querer có poder.
  • Máis quero burro que me leve, que cabalo que me deixe.
  • Non hai mellor rede cá que colle o peixe.
  • O sal, canto salga, tanto val.
  • Un soilo golpe mata un home.
  • ¡Benia o testo que sabe tapar a ola!
  • ¡Benia o testo que tapa ben o pote!