efervescencia

< lat effervescentĭa
Plural: efervescencias
  1. s f FÍS/QUÍM Formación de burbullas gasosas no interior dun líquido que saen á superficie e estoupan sen necesidade de aplicación de calor.
  2. s f Estado de inquietude ou de grande exaltación ou excitación que presenta unha persoa ou colectividade.

Confrontacións

Citas

  • A efervescencia do público aumentou cando saíu o cantante

Palabras veciñas