ebulición

< lat ebullitĭōne
Plural: ebulicións
  1. FÍS
    1. s f Fenómeno de paso dun líquido a vapor, coa formación de burbullas de vapor que soben e se desfán na superficie do líquido.
    2. temperatura/punto de ebulición Temperatura en que se produce a ebulición.
  2. s f FÍS/QUÍM Formación de burbullas de gas no seo dun líquido, por mor do desprendemento de gas disolto no líquido, ou pola formación deste por unha reacción química.
  3. s f fig Estado de axitación de algo ou alguén.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Tralo gol do equipo o estadio estaba en ebulición