doente

< doer
Plural: doentes
  1. adx Que padece unha doenza ou enfermidade. Tm s.
  2. adx Que ten a rabia ou hidrofobia.
  3. adx Que ten carraxe ou está anoxado.
  4. adx Que se impacienta ou perde a paciencia por algo.
  5. adx Que devece por algo ou que o desexa con afán.

Sinónimos

Citas

  • Desde que por fin o botaron do traballo anda doente e berra con todo o mundo
  • Levaron a vaca ao boi porque xa estaba doente, Ese veciño teu sempre anda doente
  • Non puido ir traballar porque estivo doente dos bronquios, A sala de espera estaba chea de doentes
  • Ponse doente cando ten que esperar por nós
  • Tiveron que sacrificar un can doente
  • Xulia anda doente por unha moto nova, pero non lla van mercar

Palabras veciñas