doela

< fr antigo douelle, diminutivo de doue
Plural: doelas
  1. s f Cada unha das táboas que forman o corpo dun barril ou dun recipiente semellante e que se manteñen unidas con aros.
  2. s f ARQUIT/CONSTR
    1. Pedra labrada en forma de cuña que configura, xunto con outras, un arco ou unha bóveda.
    2. Superficie do intradorso ou do extradorso das pedras dun arco ou bóveda.
  3. s f CONSTR Táboa que se coloca sobre as vigas do tellado para suxeitar as tellas.
  4. s f CONSTR Perpiaño que forma as paredes do hórreo de pedra.
  5. s f Sabor que toma o viño do recipiente en que está metido.

Citas

  • Na adega hai unha pipa de trinta olas feita con doelas de carballo
  • O viño da voda non se tragaba, tiña moita doela