diminución

< diminuír
Plural: diminucións
  1. s f Acción de diminuír.
  2. s f Cantidade en que diminúe unha cousa.
  3. s f ARQUIT Estreitamento do fuste da columna.
  4. s f MÚS Ornamento que consiste, nun fragmento musical, na substitución das notas dadas por outras, en número variable e de duración inferior.
  5. diminución cromosómica BIOL Fenómeno de diferenciación celular que se observa nos nematodos, que leva a que as células da liña xerminal teñan un número de cromosomas diferente ao das células somáticas.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Nos últimos meses a paciente sofre unha diminución da súa capacidade de concentración

Formas incorrectas

disminución