sfCamiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.
sfComportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal.
sfASTRONÁngulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.
sfTRANSPDisposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita.
MAT
sfTermo que se utiliza en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.
desviación estándar/típicaRaíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.
desviación mediaEsperanza matemática en valor absoluto da diferenza entre unha variable aleatoria e a súa mediana.
sfPATDirección anormal dunha parte ou dun órgano do corpo, especialmente dos ósos.
sfTECNOLIncremento máximo, positivo ou negativo, da frecuencia a partir do valor central da frecuencia portadora sen modular. A relación entre a desviación e a frecuencia modular denomínase índicededesviación ou demodulación.
desviación á esquerdaPATAumento anormal no sangue de neutrófilos hiposegmentandos, inmaturos ou novos.
desviación do complementoBIOLFenómeno que demostra que o complemento ten capacidade para unirse coas células sensibilizadas pola adición de doses crecentes de anticorpos sensibilizantes.