desviación

< desviar
Pliral: desviacións
  1. s f Acción e efecto de desviar ou desviarse.
  2. s f Camiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.
  3. s f Comportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal.
  4. s f ASTRON Ángulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.
  5. s f TRANSP Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita.
  6. MAT
    1. s f Termo que se utiliza en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.
    2. desviación estándar/típica Raíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.
    3. desviación media Esperanza matemática en valor absoluto da diferenza entre unha variable aleatoria e a súa mediana.
  7. s f PAT Dirección anormal dunha parte ou dun órgano do corpo, especialmente dos ósos.
  8. s f TECNOL Incremento máximo, positivo ou negativo, da frecuencia a partir do valor central da frecuencia portadora sen modular. A relación entre a desviación e a frecuencia modular denomínase índice de desviación ou de modulación.
  9. desviación á esquerda PAT Aumento anormal no sangue de neutrófilos hiposegmentandos, inmaturos ou novos.
  10. desviación do complemento BIOL Fenómeno que demostra que o complemento ten capacidade para unirse coas células sensibilizadas pola adición de doses crecentes de anticorpos sensibilizantes.

Sinónimos

Citas

  • Para chegar á súa casa tes que coller unha desviación á dereita, Fixeron unha desviación da estrada para que puidesen pasar os coches