departamento

< fr département
Plural: departamentos
  1. s m Cada unha das partes en que se divide un espazo por medio de paredes ou medios de separación similares.
  2. s m DER División administrativa.
  3. s m XEOG Demarcación territorial de ámbito supralocal xurdida en Francia en 1790, no proceso de reorganización do Estado tras a Revolución.
  4. departamento comercial COMUN Órgano que comunica a axencia publicitaria co cliente ou anunciante a través dun executivo de contas.
  5. departamento marítimo XEOG División administrativa da Mariña de guerra española.

Sinónimos

Citas

  • O armario que comprei para o estudio ten varios departamentos

Palabras veciñas