compartimento

< compartir
Plural: compartimentos
  1. s m Acción de compartir.
  2. s m Cada unha das divisións que se fan nun espazo ou lugar.
  3. compartimento estanco MAR Cada unha das seccións independentes que ten o casco dun navío para evitar o afundimento aínda que se inunde unha delas.

Citas

  • A fenda do casco afectou a dous compartimentos estancos, pero a embarcación chegou a porto
  • No salón do castelo había un compartimento secreto, Comezaron a pintar o interior do barco polos compartimentos, Ese caixón está dividido en dous compartimentos
  • O ministerio organízase en compartimentos estancos