decuria

< lat decurĭa
Plural: decurias
  1. s f HIST Unidade táctica do exército romano formada por dez soldados de cabalaría e dirixida por un decurión.
  2. s f HIST División da asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formada polos decurións.
  3. s f HIST Grupo aproximado de dez alumnos asignados a un decurión.