decurión

< lat decurĭōne
Plural: decurións
  1. s m HIST Xefe dunha unidade de cabalaría formada por dez soldados no exército romano.
  2. s m HIST Membro da curia municipal do Imperio Romano, encargado da recadación dos impostos e que respondía deles cos seus bens.
  3. s m HIST Estudante avantaxado no antigo ensino de gramática, que se encargaba de tomarlle a lección a un grupo de dez alumnos ou menos.

Sinónimos