sfObriga que ten unha persoa ou un organismo que debe devolver ou pagar algo.
sfObriga moral que se ten con algo ou con alguén.
débeda amortizableECONCantidade que debe devolverse nunha determinada data de vencemento.
débeda do EstadoECONDébeda pública emitida polo Goberno, previa autorización dunha lei, que ten por obxecto o financiamento do gasto público.
débeda do TesouroECONDébeda pública emitida polo goberno no mercado interior que ten por finalidade cubrir as necesidades financeiras do Tesouro Público derivadas das diferenzas entre os pagos e ingresos.
débeda exteriorECONDébeda pública emitida en moeda estranxeira con títulos representativos subscritos por cidadáns doutros estados.
débeda externaECONDébeda contraída con persoas físicas ou xurídicas estranxeiras que se compón de capitais e xuros.
débeda públicaECONConxunto de obrigacións contraídas por un estado a través de empréstitos, que, segundo o prazo de duración pode ser débeda a curto prazo ou flotante, ou a longo prazo ou consolidada.
sf
Deber xurídico de contido patrimonial polo que o debedor, respecto do acredor, ten que cumprir a realización dunha prestación que debe materializarse nun acto positivo de facer ou de dar, ou nun acto negativo de non facer ou de absterse.
débeda tributariaDERObrigación legal a prol do estado ou doutro ente público pola que unha persoa física ou xurídica debe aboar unha cantidade de diñeiro, como consecuencia dunha obriga tributaria, que satisfai en efectivo ou empregando efectos timbrados.
débeda de osíxenoFISIOLSituación na que quedan os músculos despois dunha actividade continuada, realizada anaerobicamente.
débeda ecolóxicaDébeda acumulada polos países de maior desenvolvemento económico que se basea na obtención de recursos naturais cun prezo moi inferior ao real, nos danos ambientais que se efectúan e na ocupación gratuíta de espazo ambiental, fronte aos países en vías de desenvolvemento.