débito

< lat debĭtu, p p de debēre ‘deber’
Plural: débitos
  1. s m Cantidade ou obriga que se debe.
    1. s m Aquilo que alguén ten obrigación de facer por un compromiso ou contrato.
    2. débito conxugal RELIX Obriga que ten cada un dos cónxuxes de acceder á xusta demanda de unión carnal por parte do outro cónxuxe.
  2. ECON
    1. s m Anotación que se fai no debe dunha conta.
    2. s m Conxunto de cantidades anotadas no debe dunha conta.
    3. débito bancario Totalidade de débedas do sistema bancario nun período determinado, que deriva dos cheques que os clientes do banco emiten contra os seus depósitos, tanto primarios coma derivados.
  3. FISIOL
    1. s m Cantidade de líquido ou gas expulsado por un órgano por unidade de tempo.
    2. débito cardíaco olume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto.
    3. débito urinario olume de ouriños excretados polo sistema urinario en 24 horas.
  4. s m XEOG Cantidade de auga que pasa pola sección dun curso fluvial por unidade de tempo.
  5. débito de osíxeno FISIOL Estado fisiolóxico que se presenta en animais aerobios cando hai unha deficiencia de osíxeno para realizar as súas funcións metabólicas.

Sinónimos