dar

< lat dare
  1. v t Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.
  2. v t Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.
  3. v t Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.
  4. v t Facer que algo teña certa forma ou características.
  5. v t Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.
  6. v t Publicar ou dar a coñecer algo.
  7. v t Mostrar ou executar un espectáculo.
  8. v t Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.
  9. v t Atribuír un significado ou un valor a algo.
  10. v t Propinar un golpe a alguén.
  11. v t Dicir ou expresar algo.
  12. v t Levar a cabo a acción indicada polo substantivo que segue.
  13. v t Realizar sobre algo ou alguén a acción indicada polo substantivo que segue.
  14. v t Tocar o reloxo as horas.
  15. v t Prescribir algunha cousa necesaria.
  16. v t Administrar algo que se precisa.
  17. v t Perder algo por un motivo que se considera razoable.
  18. v t Xirar a parte expresada cara a algo ou alguén.
  19. v t Facer algo, normalmente un forno ou un utensilo de cociña, que saia ben cociñado un alimento.
  20. v t Obter como resultado.
  21. v i Ir bater unha cousa contra algo ou alguén.
  22. v i Facer que unha cousa choque contra algo ou alguén.
  23. v i Desaparecer algunha marca ou mancha ao lavala.
  24. v i Estar situado ou orientado cara a unha parte.
  25. v i Ser suficiente.
  26. v i Acometer a alguén un estado físico ou anímico.
  27. v i Ser o resultado correcto ou exacto.
  28. v i Levar a cabo unha actividade con esforzo e constancia.
  29. v pron Desenvolverse adecuadamente as plantas ou os froitos da terra.
  30. v pron Dedicarse á práctica dunha cousa con moito afán e por completo.
  31. v pron Ter lugar un acontecemento.
  32. v pron Saír os alimentos ben cociñados.

Confrontacións

Citas

  • A fiestra do seu cuarto dá ao mar
  • A pedra deu na cabeza do Xan
  • A televisión deu unha información contradictoria
  • Ana deu con dous dardos na diana e eu dei só con un
  • Cando nós dabamos ciencias, non se explicaba iso
  • Dá noxo velos tan lixosos
  • Daban as cinco cando estabamos saíndo
  • Dálle á chave da luz que non vexo nada
  • Dáme ben as medidas para facer o traxe, Sempre quere dar a súa opinión, Deu parte ao xulgado do suceso
  • Daría a vida por salvar a do seu fillo
  • Déchesme unhas cartas moi ruíns e vou perder o xogo, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Doutra volta dás ti
  • Démoslles os lapis que había enriba da mesa
  • Deron unha cea na súa casa para todos os amigos, Os veciños dan unha festa o domingo que vén
  • Déronlle antibióticos para curar a tuberculose
  • Déronme permiso para ir á festa desta noite
  • Despois do que lle dixo deulle as costas e marchou batendo a porta con forza
  • Deu un chimpo e baixou da árbore, Á noitiña sempre dan un paseo
  • Deu un concerto a coro para conmemorar o seu décimo aniversario, Nestes cines dan boas películas
  • Deu unha conferencia sobre economía, A lección que deu hoxe foi moi ilustrativa
  • Deulle cartos para comprar un bocadillo no recreo, Deulle unha leira para facer unha casa
  • Deulle toda a información que precisaba para redactar o artigo, Deulle un consello que non seguiu
  • Deulle un ataque ao corazón e case morre, Deulle unha arroutada e marchou
  • Deulle unha aperta tan forte que case o deixa sen respiración, Sempre lles dá auxilio aos necesitados, Se lle dese un zurcido ao vestido non se lle verían as carnes
  • Deulle unha labazada e marchou chorando para a casa
  • Deulle unha nova oportunidade no traballo, Deulle de prazo vinte días hábiles, Deulle o motivo perfecto para abandonalo
  • Esta árbore dá moi bos froitos, Neste lugar as fontes dan augas medicinais, O taller deulle máis perdas ca ganancias, As accións que teño están a darme intereses moi altos
  • Esta mancha só dá con lixivia
  • Esta música dáme dor de cabeza, Esa roupa que leva dálle un aire rebelde, Déronlle o emprego que estaba buscando, As túas palabras déronme a forza que necesitaba, Deulle a clave do enigma
  • Este forno dá moi ben as tortas de mazá
  • Estes cartos non me dan para comprar nada
  • Na súa leira danse moi ben as patacas
  • Neste exame déronme un sete
  • Non dan sinais de vida dende hai tres días, Deu probas da súa boa vontade
  • Non lle dá importancia ao asunto, Deulle carácter secreto ao documento
  • Nunca se deron enfermidades de corazón na miña familia
  • O centeo non dá gran porque está zorro, Esta caixa dá mal cheiro
  • O médico deulle uns calmantes para a dor
  • Ó podar a árbore deulle forma de barco, A modista dáballe moito ancho á manga da chaqueta, Deulle un ton agresivo ás súas declaracións
  • O reloxo da igrexa xa deu as once, imos chegar tarde
  • Os da compañía eléctrica deron a luz ás sete
  • Os guisos danse mellor nunha pota de barro ca nunha de aceiro
  • Pon un chapeo para que non che dea o sol na cabeza, Dáballe o frío na cara e tíñaa toda morada
  • Por esta época dánse sempre frecuentes baixadas de temperatura
  • Por máis que a repito esta suma non me dá
  • Se lle dades forte, ao acabar imos á festa
  • Sempre dá os bos días ao chegar
  • Tes que darlle un pouco de manteiga ao molde para que non se pegue a torta, Deulle unha man de pintura á casa, Deilles betume aos zapatos
  • Todos na vila din que dende que se deu á droga cambiou moito

Frases feitas

  • 2 Perder o tempo.
  • A dar co zoco. En abundancia.
  • Dar (en) que pensar. Ter preocupaci
  • Dar a entender. Facer saber algo non abertamente.
  • Dar a xente. Avisar o can cando hai xente estra
  • Dar algo no nariz. Resultar sospeitoso.
  • Dar ansia. Preocuparse.
  • Dar arela. Causar grima ou desaz
  • Dar ben por mal. Devolver favores ou beneficios a algu
  • Dar cabido. Decatarse.
  • Dar dente con dente/as denteladas. Aterecer co fr
  • Dar en brando. Non encontrar dificultades.
  • Dar en casamento. Entregar o pai a filla a un home para casar.
  • Dar en falso. Non conseguir aquilo que algu
  • Dar tino. Facer caso.
  • Dar unha cotenada. Tropezar coa punta do p
  • Darlle a real de inimigo. Rifar moito.
  • Darse coma a chusma/chuzma. Abundar.
  • Ir dar a 1 Ter o seu final nalg
  • 1 Axudar.
  • 1 Ir contra un mesmo.
  • 2 Castigar.
  • 2 Ceder unha cousa, especialmente unha peza de roupa.
  • 2 Desconfiar que un animal ou unha persoa vai morrer e non resultar certo. Ex: Non daba un carto polo porco e p
  • 2 Ir desembocar unha v
  • 2 Parar no traballo cando chega a hora.
  • 2 Quedar limpo algo que est
  • 2 Rematar algo.
  • 2 Ter por costume a acci
  • 2 Axudar a algu
  • 2 Desmaiarse.
  • 2 Estimular a algu
  • 2 Non acertar.
  • 2 Pegarlle a un neno uns azoutes.
  • 2 Preitear.
  • 3 Abandonar.
  • Dar (de si) 1 Ter capacidade para algo.
  • Dar + participio. Per
  • Dar a calada por resposta. Gardar silencio.
  • Dar a cara 1 Responder dos propios actos.
  • Dar a gana. Apetecer.
  • Dar a luz. Parir.
  • Dar a matar. Dar asa
  • Dar a palabra do morto/mudo. Non dicir palabra.
  • Dar a roncha. Amolar.
  • Dar a senso. Dar creto.
  • Dar a un en que entender. Po
  • Dar a vida. Vir ben. Ex: Os cartos que me tocaron na loter
  • Dar abasto. Ser quen de realizar un labor con moita axilidade. Ex: Non daba abasto coa xente que ti
  • Dar as boqueadas/moqueadas/os boqueos. Agonizar.
  • Dar as laudes. Loar.
  • Dar auga. Prognosticar.
  • Dar cabo dunha cousa 1 Destru
  • Dar cachote. Matar un animal cun golpe na cabeza.
  • Dar capote a un. Deixar avergo
  • Dar casa cuberta. Hospedar.
  • Dar cheda. Andar.
  • Dar co cu no ferrado. Arruinarse.
  • Dar co pai dos melros/Dar no albo/Dar de cheo. Dar co miolo da cuesti
  • Dar coa carga no chan. Caer
  • Dar con un en que. Coincidir nalgunha cousa.
  • Dar con un redondo. Derribar a algu
  • Dar conta de algo. Conseguir realizar ou acabar algunha cousa. Ex: O rapaz non vai dar conta dun bocadillo tan grande. Ese non sei se dar
  • Dar conta dun. Vencer a algu
  • Dar couces contra as paredes. Desesperarse ante o imposible.
  • Dar de bo a bo/dada unha cousa. Dar xenerosamente.
  • Dar de cheo. Acertar con algo. Ex: Coa man deulle de cheo na cara. O programa deu de cheo no p
  • Dar de corpo/de ventre. Defecar.
  • Dar de cu. Quebrar un negocio.
  • Dar de man 1 Pasar de man en man a rede para embarcala.
  • Dar de ollo. Facer se
  • Dar de presente. Pagar con cartos no momento da compra.
  • Dar do que se ten/do seu. Ser dadivoso.
  • Dar en + infinitivo 1 Per
  • Dar en duro. Atopar con dificultades.
  • Dar en van. Facer algo pero sen sacar ning
  • Dar entre o coiro e a carne. Magoar onde m
  • Dar faterna. Burlarse.
  • Dar fe. Asegurar como certo.
  • Dar fondo. Ancorar.
  • Dar gato por lebre. Enganar.
  • Dar gloria/gusto/xenio. Agradar moito.
  • Dar lume cos dentes. Estar furioso.
  • Dar man a algo. Darse ma
  • Dar mastigada unha cousa. Ofrecer algo que xa est
  • Dar moita faterna unha cousa. Dar moito traballo.
  • Dar na cabeza dun. Escarmentar.
  • Dar na cabeza. Contrariar.
  • Dar na ferida/nas mataduras/no vivo/por onde lle doe/por onde peca. Acertar no punto fraco.
  • Dar no chiste. Caer na conta de algo.
  • Dar no fito dun. Lograr un prop
  • Dar nos ollos. Ver.
  • Dar o cabo. Realizar a
  • Dar o logro. Prestar con usura.
  • Dar o si. Dar o consentimento.
  • Dar para peras a un 1 Mallar a unha persoa.
  • Dar pincho. Envorcar un veh
  • Dar por bo. Aceptar como v
  • Dar por feito. Considerar algo como acabado.
  • Dar que + infinitivo. Ser motivo da acci
  • Dar que facer/roer/tecer. Custar traballo e esforzo algunha cousa.
  • Dar que van dando. Devolver unha cousa por outra.
  • Dar terra. Enterrar.
  • Dar tras dun. Perseguir a algu
  • Dar trela. Conversar con algu
  • Dar un aire. Pasear un pouco.
  • Dar un algo por algo. Desexar moito algo.
  • Dar un dedo e coller unha man. Excederse nas atribuci
  • Dar un pao. Dar unha arroutada.
  • Dar un ramo de loucura. Ter pouco siso.
  • Dar un tento. Probar.
  • Dar unha a tortas e outra a dereitas/unha no cravo e outra na ferradura. Facer unha cousa ben e outra mal.
  • Dar unha aldabeada. Dar unha volta por alg
  • Dar unha boa carda. Reprender a alg
  • Dar unha boa felpa/felta. Zoupar a alg
  • Dar unha cousa de comer a un. Proporcionar unha actividade o necesario para vivir a algu
  • Dar unha man
  • Dar unha volta 1 Sentirse enfermo de s
  • Dar unha voz. Chamar por algu
  • Dar unha xeira. Custar algo moito esforzo.
  • Dar volta o calleiro. Vomitar.
  • Dar volta
  • Dar(se) aire. Abanarse.
  • Dar(se) por. Considerar(se). Ex: Era noite e deuse por perdido no medio do monte.
  • Darlle (bo/mal) pago. Tratar ben ou mal a algo ou a algu
  • Darlle a man 1 Dar motivo.
  • Darlle a peta de. Apetecer.
  • Darlle a todo. Saber facer de todo. Ex:
  • Darlle para tras a algo. Non deixar que algo siga o seu curso normal.
  • Darlle polo gusto. Comprar en exceso.
  • Darlle polo pao. Satisfacer a algu
  • Darlle por + infinitivo. Acontecer algo que resulta inesperado. Ex: Despois de tantos anos deulle por estudiar.
  • Darlle un aire. Facer semellante a algo.
  • Darlle un repente a un. Morrer repentinamente.
  • Darlle unha volta a unha moza. Avivar a paix
  • Darlle vinte voltas de moa a unha cousa/Darlle voltas (na cabeza) a algo. Teimar nun asunto.
  • Darlle
  • Darse (ben, mal, etc) unha actividade. Posu
  • Darse (de) conta (de). Decatarse de algo.
  • Darse a cavilar. Po
  • Darse a vello/novo. Aparentar unha determinada idade. Ex: O seu av
  • Darse con un. Aldraxar.
  • Darse cun canto no peito. Conformarse.
  • Darse xeito. Ter ma
  • na cabeza. Pensar.
  • Non dar feito. Non dar rematado algo que se est
  • Non dar golpe/pancada. Non traballar nada.
  • Non dar un can/peso/cadela/etc para unha cousa. Considerar algo sen valor ou de pouca importancia. Ex: Para vicios non che dou un peso.
  • Non dar unha 1 Non traballar pancada.
  • Non dar unha fala. Non dicir nada.
  • Non dar unha sede de auga/nin a merda que caga. Ser un avaro.
  • Non llo dar a fillo de pai. Apreciar moito unha cousa e non lla dar a ningu
  • unha calda/unha carga a un 1 Amoestar a algu
  • ¡Quen che dera! Expresi

Refráns

  • Á conta do meu compadre, rebandas de pan aos meus afillados.
  • A diñeiro dado, brazo crebado.
  • A quen lle dan, non escolle.
  • A quen mester non ha, non hai para que lle dar.
  • Amaga acá e dá acolá.
  • Amaga alá e dános acá.
  • Ben se ri o diaño, cando o famento dá ao farto.
  • Bocado de mal pan non o comas nin o de as ao teu can.
  • Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará.
  • Dá e ten e farás ben e estarás ben.
  • Dade e darvos han, que por dar dan.
  • Dálle O que quixer ao que che pode coller o que tes.
  • Dar con ter, para que nos veñan ver.
  • Dar é de amo, recibir é de criado.
  • Dar é de señor, recibir é de servidor.
  • Dar e de señorío, pedir é necesidade.
  • Dar e ter, siso quer.
  • Dar por "Dios" a quen ten máis ca nos, é cousa de parvos ou de papos.
  • Dar, antes de ame azar.
  • Dar, prestar e fiar, todo é dar.
  • Do pan do meu compadre, aos meus fillos rebanda grande.
  • Do que alleo for, o que o dono quixer.
  • Home que dá en vida o que ten, ou é parvo ou tolo ou non anda ben.
  • iAí vai o ben que a vella ten!
  • Mans que non dades ¿que queredes? ¿que buscades?
  • Mellor queto un toma que dous che darei.
  • Meu parente Pedro é bo; tanto me el dá, tanto lle eu dou.
  • Moito pide o louco e máis louco é quen llo dá.
  • No tomar e dar é fácil errar.
  • Non dá o que ten máis senón o que está afeito a dar.
  • Non dá que n ten senón quen ten e quere.
  • Non lle deas millo aos paxaros, que xa cho comerán eles.
  • Non lle negues o pan ao pobre que de porta en porta vai, que ese amóstrache o camiño que mañá podes levar.
  • Non manda "Dios" dar a quen ten máis ca nós.
  • Non tódolos que dan son bos nin tódolos que dan son parvos.
  • O dado, dado; e o emprestado, emprestado.
  • O dar é honor, o pedir é dor.
  • O emprestado é parente do dado.
  • O moito dar é véspera do moito pedir.
  • Ó mozo que lle sabe ben o pan, é pecado o compango que lle dan.
  • O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
  • O que come ben o pan é pecado o compango que lle dan.
  • O que dá a facenda antes de morrer, merece que o traian a mal traer.
  • O que dá a quen o entende, non llo dá, que llo vende.
  • O que dá ben vende, se o que recibe entende.
  • O que dá o que ten antes de que morra, merece que lle dean cunha cachiporra.
  • O que dá o que ten antes que morra, merece que lle dean coa cachiporra.
  • O que dá pan a can alleo, perde o pan e perde o cadelo/codelo.
  • O que do seu fai alleo, mete pallas no seo.
  • O que has dar ao rato, dállo ao gato.
  • O que has dar, non o fagas cobizar.
  • Ó que lle dan, non escolle.
  • O que lle has dar ao rato dállo ao gato.
  • O que lle has dar ao rato, dállo ao gato; anque máis come un gato dunha ves, que un rato en tres.
  • O que moito dá, logo se cansa.
  • O que regala ben vende, se o que colle o regalo entende.
  • O que tarda en dar, non sabe dar.
  • O que todo o dá, todo o nega/todo o perde.
  • Onde unha porta se abre outra se pecha.
  • Onde unha porta se pecha outra se abre.
  • Para dar e ter, siso é mester.
  • Para que n non quere todo me sobra.
  • Quen pouco ten e iso dá, logo se arrepentirá.
  • Se o has dar, non o fagas cobizar.
  • Se o que ten non o dá, o que non ten ¡que fará!
  • Tal é a man, tal é o que dá.
  • Tanto queixo como pan nunca se debe dar.
  • Tanto ten negar como tarde dar.
  • Tarde dar e negar, anda á par.
  • Unha agulla para a bulsa e para a boca, dúas.
  • Vale máis deixar na morte ao inimigo, que pedir na vida ao amigo.
  • ¡A esoutra porta, que esta non" se abre!
  • ¡A outra porta, que esta está pechada!
Verbo: dar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dou

dás

damos

dades

dan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

daba

dabas

daba

dabamos

dabades

daban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dei

deches

deu

demos

destes

deron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dera

deras

dera

deramos

derades

deran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

darei

darás

dará

daremos

daredes

darán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

daría

darías

daría

dariamos

dariades

darían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dea

deas

dea

deamos

deades

dean

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dese

deses

dese

desemos

desedes

desen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

der

deres

der

dermos

derdes

deren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

-

-

dade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

dar

dares

dar

darmos

dardes

daren

Xerundio

dando

Participio

dado

dada

dados

dadas