quitar

< lat tardío quitāre
  1. v t Separar algo ou alguén do lugar en que estaba.
  2. v t Sacar ou extraer unha cousa doutra da que forma parte.
  3. v t Sacar para fóra dun recinto pechado algo ou a alguén.
  4. v t Arrebatar a alguén algo que é seu.
  5. v t Facer que unha cousa desapareza ou deixe de estar no seu sitio.
  6. v t Reproducir unha imaxe por procedementos fotográficos.
  7. v t Facer saír a alguén dunha determinada situación ou condición.
  8. v t Privar a alguén de facer algo.
  9. v t Sacar vantaxe a alguén.
  10. v t Conseguir algo.
  11. v t Adquirir unha entrada ou un billete.
  12. v t Conseguir con astucia información de alguén.
  13. v t Resolver un problema ou unha conta.
  14. v t Imitar, producir ou inventar algo.
  15. v t Liberar dunha obriga, dun castigo ou dun cargo.
  16. v t Aumentar o tamaño dunha peza de roupa. Tm abs.
  17. v t Pór en movemento a pelota en certos xogos e deportes. Tm abs.
  18. v i Ser obstáculo ou impedimento para algo. Tm v t.
  19. v i Cambiar de posición. Tm v pron.
  20. v pron Deixar de facer algo que era hábito.
  21. v pron Deixar de ser visible unha mancha tras o seu lavado.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Conseguiu que lle quitaran a multa
  • El non é quen de te quitar de vir
  • Esa axuda vainos quitar da miseria
  • Este produto quita as manchas
  • Foi preguntando ata que lles quitou todos os detalles da voda
  • Iso non quita para que o poidas facer, Unha cousa non quita a outra
  • Iso quítase con auga e xabón
  • Quita as faltas con moita potencia, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absluto, Sempre quita el
  • Quita os pratos da mesa
  • Quita peito!
  • Quita unha entrada para min e outra para a nena
  • Quíta(te) de aí
  • Quítalle moitos centímetros de altura ao seu irmán
  • Quitaron un novo modelo de tractor
  • Quitáronlle os cartos con enganos, Quitáronlle as ilusións
  • Quitou moitos cartos con esa venda
  • Quitou o zume das laranxas, Quitou os pantalóns
  • Quitou unha foto
  • Quitoulle uns centímetros ao pantalón, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quítalle á saia
  • Quitouno de paseo, Quita o leite da neveira
  • Quitouno polo seu irmán
  • Quitouse da bebida
  • Son incapaz de quitar esta división
Verbo: quitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quito

quitas

quita

quitamos

quitades

quitan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitaba

quitabas

quitaba

quitabamos

quitabades

quitaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitei

quitaches

quitou

quitamos

quitastes

quitaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitara

quitaras

quitara

quitaramos

quitarades

quitaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitarei

quitarás

quitará

quitaremos

quitaredes

quitarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitaría

quitarías

quitaría

quitariamos

quitariades

quitarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quite

quites

quite

quitemos

quitedes

quiten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitase

quitases

quitase

quitasemos

quitasedes

quitasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitar

quitares

quitar

quitarmos

quitardes

quitaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

quita

-

-

quitade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

quitar

quitares

quitar

quitarmos

quitardes

quitaren

Xerundio

quitando

Participio

quitado

quitada

quitados

quitadas